Retrincos » Antropoloxía cultural

A indumentaria dun guerreiro galego do século I
Chegaron ata os nosos días 32 estatuas da cultura castrexa, representando a  guerreiros, e que se poden datar no século I da nosa era. Vendo os elementos en  común destas esculturas en pedra, o que obtemos é unha descripción de como  debería ir ataviado un militar galego de hai case 2.000 anos:

A cabeza (…) pode levar o cabelo curto, así como barba e bígote, ou  casco. No pescozo aparece o torques e o torso vai cuberto por unha couraza coas  liñas verticais no medio do peito e sobre todo nas costas ben marcadas. As  mangas cobren o inicio dos brazos, ornados por brazaletes que tamén poden ir nos  pulsos. No antebrazo esquerdo van as correas en aspa de suxeición do escudo  redondo e pequeno, a caetra, cun umbo saínte no centro e nalgún caso con  inscripción. O cinto pode ser complicado, a base de baquetóns paralelos e  presiñas. A saía é curta, polo medio das coxas (…) e as pernas poden levar  polainas (…).Tanto a couraza como a saia poden ir cheos de decoración de rombos  ou “SS”concatenados. A panoplia, a maís o escudo, mostra un puñal (…) con pomo  redondo na conteira da vaiña e no mango, que vai agarrado pola man dereita, agás  nas pezas nas que se sitúa sobre a cadeira esquerda, que neste caso suxeita unha  espada, tipo parazolium, que sobe polo peito.

|Fonte: A cultura castrexa, de Francisco Calo Lourido