Retrincos » Autores

A expulsión de C.E. Ferreiro da “Hermandad Gallega” de Venezuela
O 24 de xuño de 1968 o Consello Diretivo da “Hermandad Gallega” de Caracas, Venezuela, acordou expulsar a Celso Emilio Ferreiro e ó su fillo Xosé María Ferreiro Loredo. Nesa organización, Celso Emilio viña ocupándose da dirección, redacción e confección do xornal quincenal Irmandade, así como do Cine Clube da sociedade, do programa de radio “Sempre en Galicia” e da Escola Castelao de primeiro ensino.

Unha “mafia feixista” (según palabras do propio Celso Emilio), logo dunhas eleccións fraudulentas, fíxose con control da hermandade, e respondendo os desexos do embaixador de España en Venezuela, acabou ca labor dinamizadora do autor de Longa Noite de Pedra. O seu “crime” foi fundar en 1967 e presidir a Agrupación Nós, unha entidade que pretendía que a “Hermandad Gallega” fora maís nacionalista.

Maís alá desta expulsión, Celso Emilio foi perseguido, dificultándoselle o atopar traballo en Venezuela. O libro Viaxe o país dos ananos (1968) é unha resposta do autor a estos feitos, como resposta foi o soneto “O Espulsado”. Anos despois, Celso Emilio contarialle a Víctor Fernández Freixanes:

“ainda conservo encadrado nun precioso marco, pendurado da parede do meu escritorio, a carta na que me comunicaron a expulsión da Hermandad Gallega. Está asinada por un vigués, antigo membro voluntario as S.S. nazis, e por un celanovés de alcume Cagarrán. Eu contesteilles cun soneto, mais nada”

E aquí temos o soneto en cuestión:

O Espulsado

Por mais que miro e asexo
pra esta masa informe e lerda
eu outra cousa non vexo
sinon moreas de merda.

Merda adequerida ou herda,
merda dediante i en pos,
grandes palleiros de merda
acugulada en montós.

Merda disposta en estiba,
merda debaixo e por riba,
merda a dereita i a ezquerda.

Por iso penso que a perda
da espulsión foi positiva
pois liberoume da merda.

Fontes: http://celsoemilioferreiro.org
Celso Emilio Ferreiro 1912-1979 unha fotobiografía, de ed. Xerais

Os dous pasamentos de Curros
Á morte de Curros Enríquez nun hospital da Habana do Centro Asturiano (non quixo ir o do Centro Galego polas diferencias que mantiña coa sua directiva) o seu cadaver foi trasladado ó Diario de La Marina, do que o gran poeta galego foi empregado. Por alí desfilou toda a colonia galega e a intelectualidade da capital cubana, e logo de doce horas e moitas xestións, foi trasladado ó Centro Galego. Como o presidente e o secretario do centro estaban enemistados co poeta de Celanova, pediron unha licencia e foron sustituidos temporalmente. O pasamento cubano foi católico, cunha cruz no cadaleito.

Pouco despois de ser enterrado en Cuba, o cadaver de Curros foi reclamado dende Galicia, así que, os seus restos foron exhumados, e o cadaleito envolto nunha bandeira cubana e dentro dunha caixa de caoba embarcou no vapor Alfonso XII con destino Á Coruña. Neste viaxe póstumo, Curros foi acompañado por quen en vida fora o seu enemigo, José López Pérez, Presidente do Centro Galego en La Habana, que demostrou así os seus bos sentimentos e a capacidade para esquecer as antigas liortas.

Cando o cadaleito de Manuel Curros Enríquez chegou a cidade da Coruña, o concello reuniuse en sesión permanente, presidida polo gobernador civil da provincia, para programar os actos en honor do chamado “Príncipe dos Poetas Galegos”. Un concelleiro republicano, mestre de escola, plantexou a cuestión de se o enterro debería ser católico ou laico. Como a unha da mañán non había ainda acordo, o tamén poeta Nan de Allariz (partidario do enterro laico) foi buscar a unha fonda da Praza de Pontevedra a Adelardo, fillo de Curros, para que fose él quen decidise. Adelardo Curros, influido por Alfredo Vicenti, elixiu o enterro católico, decindo que falaba tamén en nome da sua nai e do seu irmán. Os partidarios do enterro laico comezaron a abuchear e insultar o fillo do finado, destacando nesta reacción Lugrís Freire e Nan de Allariz. En defensa do fillo de Curros sairon o alcalde José Sánchez Anido e o principal valedor do enterro católico, o concelleiro Manuel Casás. No Teatro Principal celebrouse o velatorio, ó mesmo tempo que se celebraba un mitín de protesta polo carácter católico do enterro. Na prensa acusouse o fillo de Curros de estar vendido ó Arzobispo de Santiago e ós xesuitas.

O 2 de abril de 1908 foi un día de loito na Coruña, cerraronse os establecementos e as bandeiras ondearon a media asta, nas xanelas das casas colocaronse crespons negros. Presidiron a comitiva funebre o fillo de Curros, o músico Chané, o Presidente do Centro Galego na Habana, Murgía, Vicenti, Linares Rivas, Filomena Dato, Cabeza de León, o alcalde e o gobernador da Coruña, o alcalde de Celanova  e representacións de todas as sociedades coruñesas e de outras cidades galegas.

Fonte:Los Poetas, Curros Enríquez, de C.E. Ferreiro, ed. Jucar 1973

O poeta Euxenio Montes
Euxenio Montes naceu en Vigo no cambio de século XIX o XX. Estudou Filosofía en Madrid e aprobou as oposicións para catedrático de Instituto.  Foi conferenciante, autor de ensaios (en galego) e Director do Instituto Español en Roma.

Na sua obra poética destaca Versos a tres cas o neto. Dise da sua poesía que é coorista, chea de personalización da natureza, as veces humorista e cadenciosa. Para mostra un poema:

..Neve

…….Baixan puntas d’estrelas

Bican as corozas e deixan parches nos traxes

Dorm’a neve no colo do outeiro

Telón d’un cine crebándose nos ollos

Store cubrindo o hourizonte

As cuartillas choven pelotas de tennis

Qu’o chegar â terra non queren brincar

A neve chama nas portas c’os cotovelos

A terra é o despacho d’un poeta cuberto de

…………………………………….(cuartillas que choran)

Brinca o sol

A luz da carabiolas

Rin os piñeiros ensinando os dentes

Os espellos están crebados no chao

O azogue roubou dúas áas e fuxe a cabalo do lombo

…………………………… …………..                       (do arco da vella)

|Fonte:Historia da Literatura Galega, F. Fernández del Riego

Os pais de Rosalía de Castro
E ben sabido que Rosalía de Castro era filla de solteira. A nai era de familia fidalga, basta ver o nome completo: María Teresa da Cruz de Castro e Abadía. Naceu na casa grande de Arretén en Iria Flavia,o 24 de novembro de 1804. Tiña 32 anos cando tivo a Rosalía.

O pai era Xosé Martínez Viojo, tal e como se sabe por unha carta remitida á filla de Rosalía, Alejandra, por don Luis Tobío Campos, neto de María Xosefa Martínez, que a súa vez era sobriña do tal Martínez Viojo, que naceu en Ortuño (Ames) o 7 de febreiro de 1798. O pai de Rosalía foi coadxutor da Colexiata de Iria Flavia maís de 50 anos, e á sua morte foi sepultado á porta desa Igrexa. Tiña 39 anos cando naceu Rosalía.