Retrincos

A expulsión de C.E. Ferreiro da “Hermandad Gallega” de Venezuela
O 24 de xuño de 1968 o Consello Diretivo da “Hermandad Gallega” de Caracas, Venezuela, acordou expulsar a Celso Emilio Ferreiro e ó su fillo Xosé María Ferreiro Loredo. Nesa organización, Celso Emilio viña ocupándose da dirección, redacción e confección do xornal quincenal Irmandade, así como do Cine Clube da sociedade, do programa de radio “Sempre en Galicia” e da Escola Castelao de primeiro ensino.

Unha “mafia feixista” (según palabras do propio Celso Emilio), logo dunhas eleccións fraudulentas, fíxose con control da hermandade, e respondendo os desexos do embaixador de España en Venezuela, acabou ca labor dinamizadora do autor de Longa Noite de Pedra. O seu “crime” foi fundar en 1967 e presidir a Agrupación Nós, unha entidade que pretendía que a “Hermandad Gallega” fora maís nacionalista.

Maís alá desta expulsión, Celso Emilio foi perseguido, dificultándoselle o atopar traballo en Venezuela. O libro Viaxe o país dos ananos (1968) é unha resposta do autor a estos feitos, como resposta foi o soneto “O Espulsado”. Anos despois, Celso Emilio contarialle a Víctor Fernández Freixanes:

“ainda conservo encadrado nun precioso marco, pendurado da parede do meu escritorio, a carta na que me comunicaron a expulsión da Hermandad Gallega. Está asinada por un vigués, antigo membro voluntario as S.S. nazis, e por un celanovés de alcume Cagarrán. Eu contesteilles cun soneto, mais nada”

E aquí temos o soneto en cuestión:

O Espulsado

Por mais que miro e asexo
pra esta masa informe e lerda
eu outra cousa non vexo
sinon moreas de merda.

Merda adequerida ou herda,
merda dediante i en pos,
grandes palleiros de merda
acugulada en montós.

Merda disposta en estiba,
merda debaixo e por riba,
merda a dereita i a ezquerda.

Por iso penso que a perda
da espulsión foi positiva
pois liberoume da merda.

Fontes: http://celsoemilioferreiro.org
Celso Emilio Ferreiro 1912-1979 unha fotobiografía, de ed. Xerais

Click para gardar/compartir

Os dous pasamentos de Curros
Á morte de Curros Enríquez nun hospital da Habana do Centro Asturiano (non quixo ir o do Centro Galego polas diferencias que mantiña coa sua directiva) o seu cadaver foi trasladado ó Diario de La Marina, do que o gran poeta galego foi empregado. Por alí desfilou toda a colonia galega e a intelectualidade da capital cubana, e logo de doce horas e moitas xestións, foi trasladado ó Centro Galego. Como o presidente e o secretario do centro estaban enemistados co poeta de Celanova, pediron unha licencia e foron sustituidos temporalmente. O pasamento cubano foi católico, cunha cruz no cadaleito.

Pouco despois de ser enterrado en Cuba, o cadaver de Curros foi reclamado dende Galicia, así que, os seus restos foron exhumados, e o cadaleito envolto nunha bandeira cubana e dentro dunha caixa de caoba embarcou no vapor Alfonso XII con destino Á Coruña. Neste viaxe póstumo, Curros foi acompañado por quen en vida fora o seu enemigo, José López Pérez, Presidente do Centro Galego en La Habana, que demostrou así os seus bos sentimentos e a capacidade para esquecer as antigas liortas.

Cando o cadaleito de Manuel Curros Enríquez chegou a cidade da Coruña, o concello reuniuse en sesión permanente, presidida polo gobernador civil da provincia, para programar os actos en honor do chamado “Príncipe dos Poetas Galegos”. Un concelleiro republicano, mestre de escola, plantexou a cuestión de se o enterro debería ser católico ou laico. Como a unha da mañán non había ainda acordo, o tamén poeta Nan de Allariz (partidario do enterro laico) foi buscar a unha fonda da Praza de Pontevedra a Adelardo, fillo de Curros, para que fose él quen decidise. Adelardo Curros, influido por Alfredo Vicenti, elixiu o enterro católico, decindo que falaba tamén en nome da sua nai e do seu irmán. Os partidarios do enterro laico comezaron a abuchear e insultar o fillo do finado, destacando nesta reacción Lugrís Freire e Nan de Allariz. En defensa do fillo de Curros sairon o alcalde José Sánchez Anido e o principal valedor do enterro católico, o concelleiro Manuel Casás. No Teatro Principal celebrouse o velatorio, ó mesmo tempo que se celebraba un mitín de protesta polo carácter católico do enterro. Na prensa acusouse o fillo de Curros de estar vendido ó Arzobispo de Santiago e ós xesuitas.

O 2 de abril de 1908 foi un día de loito na Coruña, cerraronse os establecementos e as bandeiras ondearon a media asta, nas xanelas das casas colocaronse crespons negros. Presidiron a comitiva funebre o fillo de Curros, o músico Chané, o Presidente do Centro Galego na Habana, Murgía, Vicenti, Linares Rivas, Filomena Dato, Cabeza de León, o alcalde e o gobernador da Coruña, o alcalde de Celanova  e representacións de todas as sociedades coruñesas e de outras cidades galegas.

Fonte:Los Poetas, Curros Enríquez, de C.E. Ferreiro, ed. Jucar 1973

Click para gardar/compartir

Unha pirámide precolombina en Compostela
Á Praza de Praterías de Santiago de Compostela dan duas fachadas da catedral: a fachada de praterías, con duas portas de acceso ó templo, e da que forma parte a torre do reloxio ou berenguela, e perpendicular a das praterías, a fachada do tesouro. Esta segunda fachada é obra de Rodrigo Gil de Hontañón, data do século XVI e considerase unha das obras maestras do renacemento en Galicia. Desta fachada do tesouro, o que maís chama a atención é unha torre escalonada. Esta torre é ben visible dende á Praza do Obradoiro (á dereita das duas torres principais, e maís baixa) e a está na Rua de Fonseca, facendo esquina coa Praza de Praterías.

Esta pirámide escalonada está coroando a torre da fachada do tesouro por influencia da cultura precolombina totonaca. Así o determinou o profesor Martín González, en función dos corpos de decrecente tamaño, as paredes en taludes, a sua separación por medio de cornisas ou a presencia de nichos cuadrangulares simulados.

A catedral compostelá, a maís próxima ó novo mundo, foi así a primeira en recibir o seu influxo.

|Fonte: Historia del Arte Gallego, de José Manuel Vázquez Varela

|Fotografía por Jocefe

Click para gardar/compartir

Un labrador que foi sarxento, poema anónimo do 1808
O 15 de maio de 1861 publicouse por primeira vez na páxina 254 de Galicia. Revista universal de este reino un poema anónimo datado en 1808 baixo o título “Procrama na Guerra da Independencia por un labrador que foy sarxento ós soldados de novo alistamento”. Nel, faise un chamamento os mozos galegos para que esquezan a suas familias, e combatan ós franceses, falando de todas as cousas boas que eso lles traerá. O descoñecido autor coñecía as leis da rima e podía utilizar recursos poéticos como o hipérbato ou o cabalgamento, polo que, según o profesor Ricardo Carballo Calero, debeu ser un crego, un fidalgo ou un escribán.

No’ hay, Mozos, que relembrarse

Para sacudir en duro,

Das Mulleres, nin dos fillos,

Nin menos dos bois do xugo.

Líbrenos Dios que vos pille

O demo do Vagamundo

Que rapa vidas, facendas,

Gando e cartos todo xunto.

O pior do conto, mociños,

É que de Fráncea, o Verdugo

En vez de Cristianos, quere

Facernos á todos, Turcos.

Por esto diz’ o meu Cura,

Todos apreten os puños

Pol a Patria e pol o Rey

E morrer por Dios con gusto

S’ eu fora alá, meus queridos,

Por esta Cruz + vol o xuro,

Con mil cabezas francesas

Habia de vir moy rufo.

Esto con ser xa tan vello;

Máis vós, con catro aturuxos

Non deixarés un Gabacho

Se poñedes bén os puntos.

Ide á guerra, meus Garridos

Dios vos axude, meus Rulos

E aquel Patron das Españas

Que tén o pelo moy rubio.

Salirán cando volvades,

Para traervos en trunfo

Con gaitas e con ferreñas,

Todal as Mozas de rumbo

Veredes como se botan

Todal as Vellas de bruzos

Para darvos moitos bicos

Por pés, por pernas, e muslos.

Cada Escarapela vosa

Dirán que val un escudo

E para gardal a casa

Tanto coma un bon trabuco.

Xa no’ haberá Casamento

Nas aldeas de este mundo

Que non sexa para o mozo

Que gastou moitos cartuchos.

Estas con outras vantaxes

De honra e proveito que escuso

Nomealas, vos trahe, amigos,

Sacar á Patria de apuros.

|Fonte: A literatura galega dos Séculos Escuros e do Prerexurdimento, de Juan Javier Baldomir Cabanas

Click para gardar/compartir

Sisnando, o bispo que morreu combatindo ós vikingos
Sisnando Menéndez, coñecido como Sisnando II de Iria, foi un noble e bispo galego que viveu entre o 951 e o 968. Foi fillo dos fundadores do Mosteiro de Sobrado (Paterna Gundesindez e Hermenexildo Aloitez, conde de Présaras). Del dixo Juan de Mariana que era un home maís para soldado que para bispo.

Polo ano 960 organizou un sistema de vixianza e defensa contra os ataques dos vikingos: construeu un castelo sobre o castro de Cedofeita, restaurou as torres da Lanzada (O Grove),  de San Sadurniño (Cambados) e fortificou Compostela.

O rei Sancho I, o Gordo, mandou meter na cadea a Sisnando, e colocou como administrador da diocese de Iria-Compostela a San Rosendo, que lle era maís afín. Á morte do rei, o bispo abandou a cadea, e no nadal do ano 966 voltou con xente armada a Compostela para recuperar a sua diócese, irrumpiú a horas intempestivas nos aposentos do monxe San Rosendo, e coa espada na man, amenazouno con decapitalo para que marchase e lle deixase vía libre. Conta a historia que San Rosendo lle dixo “Tí que me ameazas con mortífera espada, Sisnando, con mortífera espada e de forma violenta morirás”. No 968 ,  o vikingo Gunderedo chegou o porto da Xunqueira con 100 naves e varios miles de homes, e sin que a corte de León fixera nada por impedilo, saquearon a comarca de Compostela.  Sisnando saíu furioso a buscar ós invasores, e atopounos en Fornelos (Teo), loitando contra eles morreu atravesado por unha flecha inimiga o 29 de marzo do 968.

|Fontes: Historia Compostelana, Enma Falque Rey

|Grandeza e Decadencia do Reino de Galicia, de Emilio González López

|Breve Historia de los piratas, de Silvia Miguens

Click para gardar/compartir

O poeta Euxenio Montes
Euxenio Montes naceu en Vigo no cambio de século XIX o XX. Estudou Filosofía en Madrid e aprobou as oposicións para catedrático de Instituto.  Foi conferenciante, autor de ensaios (en galego) e Director do Instituto Español en Roma.

Na sua obra poética destaca Versos a tres cas o neto. Dise da sua poesía que é coorista, chea de personalización da natureza, as veces humorista e cadenciosa. Para mostra un poema:

..Neve

…….Baixan puntas d’estrelas

Bican as corozas e deixan parches nos traxes

Dorm’a neve no colo do outeiro

Telón d’un cine crebándose nos ollos

Store cubrindo o hourizonte

As cuartillas choven pelotas de tennis

Qu’o chegar â terra non queren brincar

A neve chama nas portas c’os cotovelos

A terra é o despacho d’un poeta cuberto de

…………………………………….(cuartillas que choran)

Brinca o sol

A luz da carabiolas

Rin os piñeiros ensinando os dentes

Os espellos están crebados no chao

O azogue roubou dúas áas e fuxe a cabalo do lombo

…………………………… …………..                       (do arco da vella)

|Fonte:Historia da Literatura Galega, F. Fernández del Riego

Click para gardar/compartir

Deuses preromanos
É curioso, pero a principal fonte para coñecermos os douses que adoraban os nosos antergos denantes da invasión romana é a epigrafía latina (inscripcións que chegaron ate os nosos días).

Parece probable que Laroco ou Ladico fose un deus superior, asimilado logo a Xupiter. Divindades guerreiras foron Coso, Bandua, Navia ou Nabia, Rea e Veroce ou Verore.  Lugh, Lugus ou Lugoves relacionase cos intercambios e os romanos asimilarono a Mercurio, o seu símbolo era un corvo e o día da sua festa (o 1 de agosto) conmemorabase a voda de Lugh e os pais acordaban o matrimonio dos seus fillos.  Esta festa chamabase “Lugnasad”

|Fontes: A romanización de Galicia, Felipe Arias Vilas

Click para gardar/compartir

A indumentaria dun guerreiro galego do século I
Chegaron ata os nosos días 32 estatuas da cultura castrexa, representando a  guerreiros, e que se poden datar no século I da nosa era. Vendo os elementos en  común destas esculturas en pedra, o que obtemos é unha descripción de como  debería ir ataviado un militar galego de hai case 2.000 anos:

A cabeza (…) pode levar o cabelo curto, así como barba e bígote, ou  casco. No pescozo aparece o torques e o torso vai cuberto por unha couraza coas  liñas verticais no medio do peito e sobre todo nas costas ben marcadas. As  mangas cobren o inicio dos brazos, ornados por brazaletes que tamén poden ir nos  pulsos. No antebrazo esquerdo van as correas en aspa de suxeición do escudo  redondo e pequeno, a caetra, cun umbo saínte no centro e nalgún caso con  inscripción. O cinto pode ser complicado, a base de baquetóns paralelos e  presiñas. A saía é curta, polo medio das coxas (…) e as pernas poden levar  polainas (…).Tanto a couraza como a saia poden ir cheos de decoración de rombos  ou “SS”concatenados. A panoplia, a maís o escudo, mostra un puñal (…) con pomo  redondo na conteira da vaiña e no mango, que vai agarrado pola man dereita, agás  nas pezas nas que se sitúa sobre a cadeira esquerda, que neste caso suxeita unha  espada, tipo parazolium, que sobe polo peito.

|Fonte: A cultura castrexa, de Francisco Calo Lourido

Click para gardar/compartir

Fernando II, emperador de Galicia
No ano 1157, a causa do testamento político de Alfonso VII de Castela, o seu  fillo Fernando, convirteuse no monarca Fernando II, o fronte dun novo reino  galego-leonés.

Ainda que nas historias de España, tradicionalmente, adoitase chamar este  novo reino “Reino de León” os Anales Cameracenses (fonte inglesa fundamental  para o coñecemento da idade media europea) dan o título de “Emperador de  Galicia” a Fernando II, quen firmaba os documentos oficiais co título de “Rei de  Galicia e de León”.

Durante o reinado de Fernando II (do 1157 o 1188) e do seu sucesor Alfonso IX  (1188-1230) a Galicia desenvolveu unha cultura propia: formouse a escola de  poesía galega, ergueuse o Pórtico da Gloria na catedral de Santiago e formouse  unha escola musical compostelana. Traballou na ordenación do territorio,  otorgando cartas forais a Padrón, Rivadavia, Noia, Castrocaldelas, Pontevedra,  Tuy e Lugo.

Está sepultado na Capela das Reliquias da Catedral de Santiago.

|Fonte:Grandeza e decadencia do Reino de Galicia, de E. González López

Click para gardar/compartir

Cantiga, partindo-se (de João Roiz Castell-Branco)
Senhora, partem tam tristes

meus olhos por vós, meu bem,

que nunca tam tristes vistes

outros nenhuns por ninguém.

Tam tristes, tam saudosos,

tam doentes da partida,

tam cansados, tam chorosos,

da morte mais desejosos

cem mil vezes que da vida.

Partem tam tristes os tristes,

tam fora d’ esperar bem,

que nunca tam tristes vistes

outros nenhuns por ninguém.

João Roiz de Castell-Branco

Esta cantiga está recollida no Cancioneiro Geral, de 1516, elaborado por García de Resente. Un completo comentario atopase neste enlace. Aparece musicada na pista número 21 do CD Cançoões de Cláudio Carneiro.

Click para gardar/compartir