Breaking News

Esta páxina

No ano 1982, a UNESCO defineu a cultura como o conxunto de rasgos distintivos, espirituais e materiais, intelectuais e afectivos, que caracterizan a unha sociedade ou a un grupo social. Engloba non só as artes e as letras, senon tamén os modos de vida, os dereitos fundamentais do ser humán, os sistemas de valores, as tradicións e as creencias. A cultura da ó home a capacidade de reflexión sobre sí mesmo. É ela a que fai de nos seres especificamente humáns, racionais, críticos e éticamente comprometidos. Por ela é como discernimos os valores e realizamos as nosas opcións. Por ela é como o home se expresa, toma conciencia de sí mesmo, recoñecese como un proxecto inacabado, pon en cuestión as suas propias realizacións, busca incansablemente novos significados e crea obras que o trascenden.

Este blog vai deso, da gran creación colectiva que é a cultura galega, recollido dun modo parcial e imperfecto, en anaquiños anecdóticos e interesantes de rápido consumo.

Estevo Raposo @ July 9, 2007